martes, 9 de junio de 2026

5 DE XUÑO: "DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE"

No "Día Mundial do Medio Ambiente" saímos á praia fluvial de Monte Porreiro para contribuir ao coidado da nosa contorna recollendo lixo.





miércoles, 3 de junio de 2026

CONTACONTOS: "SINFONÍA DE CONTOS"

Hoxe tivemos a gran sorte de participar nunha sesión de contacontos titulada "Sinfonía de Contos" da man de Inma e Tamara Soto.

Os contiños son unha ferramenta moi valiosa para fomentar a imaxinación, a creatividade e o amor pola lectura dende ben pequenos.





lunes, 1 de junio de 2026

ÚLTIMO OBRADOIRO INTERNIVEL: FIN DE PROXECTO

Para finalizar o proxecto deste curso, levamos a cabo o último obraboiro internivel experimentando con luz negra, cociña, ciencia, radio...






FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2026

 Luces, cámara, acción!

O alumnado do noso cole celebrou o "Festival das Letras Galegas" con cantigas e obras de teatro.

Menud@s artistas!!





 

lunes, 11 de mayo de 2026

LETRAS GALEGAS 2026

Este ano homenaxéase á mestra, escritora e xornalista viguesa Begoña Caamaño polo Día das Letras Galegas. 

Premede na imaxe para xogar a "A piñata de Begoña" e pasarédelo xenial!!




Tamén tedes este quebracabezas da homenaxeada no seguinte enlace: https://puzzel.org/es/jigsaw/play?p=-OtE4X2HqRctwuR1xPVc

A ver se sodes quen de facelo!! 



martes, 28 de abril de 2026

23 DE ABRIL: "DÍA DO LIBRO"

Nesta data tan significativa, elaboramos e expuxemos un mural colaborativo con fotos do alumnado desfrutando da lectura de contos nos seus recunchos favoritos. 

Ademais, a profe Ana contou un conto moi divertido!!




O alumnado de 6º curso tamén decorou as escaleiras con citas e palabras máxicas para espertar a paixón pola lectura...

 




 

martes, 21 de abril de 2026

SEGUIMOS COS OBRADOIROS INTERNIVEIS E... CELEBRAMOS A PRIMAVERA!!

Na EEI Fina Casalderrey celebramos a Primavera cos xa coñecidos obradoiros interniveis de ciencia, cociña, manualidades...